11.4 C
Santa Comba
martes, mayo 13, 2025

Isabel Vilalba: “Os agricultores non poden ser moeda de cambio das grandes corporacións”

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego leva defendendo desde hai tempo a soberanía alimentaria como “un concepto moi importante” que agora está no debate comunitario coa demanda de control para os produtos importados.

“Os agricultores non poden ser moeda de cambio cando as grandes corporación lle interesa vender coches o teléfonos móbiles a terceiros países, e que se negocie a entrada na Unión Europea de produtos que non cumpren cos estandares de seguridade e que incluso teñen materiais activos que están prohibidos aquí” declarou Isabel Vilalba.

Dereito a unha alimentación saudable

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas a dirixente agraria non entende como os gobernos “teñen tanta dificultade” para “esixir produtos saudables nas importancias”, cos mesmos criterios que obrigan a gandeiros ou agricultores da nosa terra.

Considera que hai que “garantir o dereito a unha alimentación saudable e nutritiva”, e protexer as producións “coidadosas” co a auga, a terra e o medio ambiente.

Con respecto as negociacións que se manteñen co Ministerio de Agricultura a o diálogo aberto na Unión Europea valora “positivamente” que se fale sobre medidas que anteriormente semellaban estar lonxe.

Hai asuntos que están avanzando máis agora para Sindicato Labrego Galego queda por determinar se teremos “cambios sistemáticos” ou tan só “parciais”.

Escoita a entrevista a Isabel Vilalba desde o minuto 30

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos