18.8 C
Santa Comba
viernes, octubre 4, 2024

Manteñen as mobilizacións agrarias para o 20 de febreiro

Representantes de Unións Agrarias(UUAA), Sindicato Labrego Galego (SLG) e da Asociación Agraria de Galicia(ASAGA) anunciaron tractoradas e concentracións para o vindeiro 20 de febreiro.

A partir das 12 do mediodía do martes haberá protestas en Santiago, A Coruña, Ortigueira e Vimianzo; Lugo, Pedrafita, Ribadeo; Ourense, A Gudiña e en Lalín.

Agardan que as mobilizacións supoñan un punto de partida para que “as distintas administracións comecen a mover ficha e a impulsar as modificacións normativas que o sector produtor galego demanda e precisa”.

Propostas insuficientes do Ministerio de Agricultura

Se ben as organizacións valoran positivamente o primeiro paso dado polo Ministerio de Agricultura, que anunciou unha primeira táboa de medidas destinadas a satisfacer as demandas do sector produtor, tanto Unións Agrarias como Sindicato Labrego Galego e ASAGA coinciden en calificar este paso de “totalmente insuficiente”.

As organizacións lembran que nada ten que ver a realidade do sector produtor do norte coa do sur, a castelá ou a levantina, e esixen modificacións que teñan en conta a realidade e necesidades específicas de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos