As principais organizacións agrogandeiras da Cornixa Cantábrica anunciaron un calendario de mobilizacións que arrancarán o vindeiro martes 20 de febreiro.
Unións Agrarias-UPA, COAG, Asaja, o Sindicato Labrego Galego e a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) acordaron unha serie de demandas conxuntas nun esforzo por resaltar a importancia e o rol fundamental dos agricultores e gandeiros, así como instar as autoridades a abordar os diversos desafíos que afronta o sector produtivo.
Parten da premisa de que estas mobilizacións non son un fin en si mesmas, senón un medio para buscar solucións ás problemáticas comúns que afectan o sector, as organizacións agrogandeiras chegaron a un acordo para facer da acción coordinada o instrumento que permita alcanzar as solucións necesarias que o sector demanda.
Tractoradas e concentracións
As tractoradas e concentracións convocadas para o vindeiro martes 20 en diversos puntos da Cornixa Cantábrica marcarán o inicio dun calendario de mobilizacións que continuará se as autoridades non responden as peticións de agricultores e gandeiros.
A obtención de prezos xustos e a aplicación efectiva da Lei de Cadea Alimentaria sitúanse como os principais obxectivos destas mobilizacións.
Neste sentido, as organizacións agrarias instan as autoridades a activar os mecanismos necesarios para garantir a equidade nos prezos.
Ademais, demándase a eliminación dos tratados comerciais entre a Unión Europea e terceiros países que permiten a entrada nos mercados comunitarios de alimentos que non cumpren cos estándares esixidos en benestar animal, seguridade e saúde.
Diferentes demandas
Outro aspecto fundamental nestas demandas é a participación do sector produtivo nas negociacións que lles conciernen, así como a redución da burocracia que entorpece a súa actividade.Tamén piden a retirada do Lobo do LESPRE ou máis medidas para o control da fauna salvaxe.
En resumo, as organizacións agrogandeiras puxeron sobre a mesa unha serie de demandas fundamentais para asegurar un futuro sostible para o sector agrícola e gandeiro na Cornixa Cantábrica.
No tocante a Galicia, lo martes haberá unha concentración da Subdelegación do Goberno na Coruña, nas subdelegacións de Lugo, Ourense e Pontevedra e protestas en varias comarcas.