Arquitectura,-Ingeniería Rodríguez, Bioprana e Prohigan organizaron unhas xornadas técnicas, celebradas no Pazo de Cícere, ás que asistiron mais de medio cento de gandeiros da da comarca.
Participou o Xefe de Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería de Medio Rural, Víctor Novo Vazquez, que explicou o Caderno de Campo, xestión de xurros e uso dos fitosanitarios e abonos.
Falou tamén das fincas que quedan excluidas do uso de xurro en abanico que serán todas aquelas que teñan unha pendente superior ao 10 %.
Subvencións da Xunta
De seguido, por parte de Ingeniería Rodríguez falouse das subvencións de Medio Rural que están abertas para os plans de Mellora, incorporación de xente moza, etc. Fíxose referencia ás novidades e variacións con respecto a outros anos.
Asímesmo, o arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, explicou a ós asistentes a forma de tramitar as axudas para o feísmo, de eficiencia enerxética e as cantidades económicas que se poden recibir; asi como as beneficios fiscais executando ese tipo de obras que pode chegar a un mínimo dun 40% de deduccion fiscal
E por último, os técnicos de Bioprana falaron de microorganismos para a reducción dos malos cheiros do xurro, as melloras nas colleitas, ou a utilidade da APP desenrolada por Biopran para dar servicio e asesoramento os clientes no referente O caderno de Campo.