16.8 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

XXII Poxa de gando frisón en Santa Comba

O recinto feiral de Santa Comba acollerá a XXII Poxa de gando frisón o vindeiro domingo 21 de xaneiro a partir das 11 da mañá.

Pero a cita gandeira virá acompaña por varias actividades.

O venres 19 de xaneiro o auditorio do edficio multiusos acollerá unhas xornadas técnicas agrícolas. Desde as 11,00, coa organización da Cooperativa Xallas haberá unha charla impartida polos técnicos da Xunta Gerardo Rivero Cuesta e José Antonio Varela Señarís sobre “O veterinario de explotación. Actualización na prescripción e uso de medicamentos”.

Ás 12,45, o profesor da USC de Veterinaria de Lugo, Ramiro Antonio Fouz Dopacio, disertará sobre a “mellora da rendabilidade da granxa cos datos de control leiteiro”. Esta charla é coordinada por Africor.

E o domingo 21 de xaneiro pola tarde haberá unha xornada de formación con dúas citas.

A primeira, un curso de introducción a poda e inxerto a cargo da empresa Novocampo (16,00) e a segunda un obradoiro de transformación lácteo impartido pola bióloga Lidia Ferreras Ferrol.

Para participar nestas actividades do domingo poden inscribirse ata o mércores 17 de xaneiro no 981818710.

Ademais como anunciamos no pasado mes de outubro, Santa Comba tamén acollerá o concurso autonómico de Fefriga entre o 23 e o 25 de febreiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos