13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Semana Gandeira no concello de Mazaricos 2023

Mazaricos celebra a Semana Gandeira entre o 27 de novembro e o 3 de decembro

Mazaricos celebrará unha nova edición da súa tradicional Semana Gandeira entre o 27 de novembro e o 3 de decembro. Esta cita consolidada volverá amosar a forza de Mazaricos dentro do sector gandeiro galego e como principal produtor leiteiro do país.


Mesa redonda sobre o sector lácteo


As actividades arrincarán a partir do luns 27 e estenderanse durante toda a semana. Un ano máis, as e os rapaces de Mazaricos poderán familiarizarse co mundo gandeiro nas visitas escolares a granxas e industrias leiteiras de Mazaricos e doutros puntos de Galicia. Tamén se celebrará a Mesa Redonda Virtual «Situación e perspectivas de futuro do sector lácteo».


A fin de semana concentrará as principais actividades. O sábado pola mañá abrirá a exposición agraria e de servizos, un importante punto de encontro para profesionais do sector. A mediodía celebrarase unha Gran Sesión Vermuuuuuu que estará amenizada polo Trío Alborada. A cantina estará xestionada polo Mazaricos C.F.


Á tarde, celebrarase o Concurso de Postres Lácteos. Novamente, os amantes da boa mesa e do bo postre poderán demostrar o seu bo facer con receitas en que o leite sexa un dos ingredientes principais. Haberá actividades de participación popular, como tiro da corda e carreiras de sacos ou zancos, así como obradoiros. As persoas que participen facendo gala de maior destreza recibirán premios.

Poxa de gando frisón

O domingo terá lugar a Poxa de Gando Frisón «Memorial José Moreira», onde as persoas asistentes poderán poxar polos mellores exemplares desta raza. A poxa volverá destacarse pola grande calidade dos animais á venda e polos importantes prezos alcanzados, que xeran un volume de negocio total máis que notable e converten a poxa mazaricá nun acontecemento social e económico.

Concursos

A Semana Gandeira de Mazaricos 2023 volve implicar a toda a veciñanza, profesionais e interesados pola gandería a través de concursos para todas as idades. Nesta edición serán tres: debuxos, fotografía gandeira e postres lácteos.


O concurso de fotografía ten aberta a participación ata o 26 de novembro. A temática é «A Gandería en Mazaricos», e as fotos deben enviarse por whatsapp ao 696 33 09 66. Este ano repartiranse catro premios: un primeiro (unha cea para seis persoas), un segundo (cea para catro) e un terceiro (cea para dous), ademais dun premio do público que se escollerá por votación en redes sociais, e cuxa recompensa é unha cea para dúas persoas. O ano pasado houbo máis de 60 imaxes a concurso.


O concurso de postres lácteos fallarase na tarde do sábado 2 de decembro. Admítense todo tipo de especialidades de sobremesa, sempre que o leite sexa un elemento principal na elaboración. Repartiranse tres premios: ceas para seis, catro e dúas persoas).


Tanto no caso do concurso de fotos como no de postres, os premios poderán trocarse por vales de compra en comercio local por valor de 25 euros por persoa (isto é, un premio dunha cea para dúas persoas podería cambiarse por vales de compra por valor de 50 euros).

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE MAZARICOS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos