“Os inútiles dos nosos industriais baseáronse en cobrar subvencións e pagar pouco os produtores”

O responsable do sector lácteo de Unións Agrarias, Óscar Pose, considera que “estamos nun momento crucial no sector lácteo como é o da renovación dunha cantidade importante de contratos” no mes de decembro.

Lamenta que os produtores galegos sigan percibindo menos polo seu produto que noutras comunidades e critica o “movemento da Fenil que xustificaba unha posible baixada, explicando que unha “situación puntual” con respecto a outros países europeos non é motivo para pensar nunha baixada do leite.

“Os inútiles dos nosos industriais baseáronse en cobrar subvencións e pagar pouco os produtores, e meter o leite nun brick e vendelo” manifestou Pose na sintonía de Radio Xallas.

No programa “Na Encrucillada” que presenta Xosé Manuel Lema, explicou as denuncias realizadas polos incumprimentos da lei da cadea alimentaria ou a imposición de prezos por parte da industria.

“Iniciamos unha campaña de sinaturas para que ningunha empresa que maltrate os produtores galegos ou teña algunha sanción grave ou moi grave da cadea alimentaria, poda cobrar subvencións da Xunta” afirmou.

Puxo como exemplo que só nunha liña de axudas a industria recibiu 72 millóns de euros.

Nun comunicado posterior Unións Agrarias advertiu a empresas como Leite Río e Celta que “os gandeiros e gandeiras galegos non van consentir unha nova baixada do prezo do leite en orixe logo de ter sufrido xa unha en marzo e outra en agosto de 2023”.

Aseguran que iniciarán unha campaña de denuncia contra esas empresas que promovan baixadas e valoraron “moi positivamente que as empresas de recollida e transformación láctea Naturleite e Lactalis comprenderan, logo dunha negociación cos representantes dos gandeiros e gandeiras, que unha nova caída de 3 céntimos no prezo do leite en orixe sería letal para os produtores”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos