A XI Xuntanza Cabalar das Caselas celébrase o vindeiro domingo 8 de outubro con boas previsións de asistencia.
Unhas trescentas persoas participarán no xantar a base de pulpo(polbo) e churrasco, ofrecido por Lito Mambis. Non faltará a música a cargo do Dúo Platino.
Un grupo importante destes comensais son aficionados ao mundo equino que participarán co seu cabalo nunha atractiva ruta por distintas paraxes naturais de Santa Comba. Xinetes xalleiros e de toda a contorna asistirán a xuntanza.
No campo das Caselas
Sobre as 10,30 terá lugar a concentración no Campo das Caselas. A continuación o percorrido, e sobre as 15h o xantar.
Un evento que vén sendo documentado a través das fotografías de Fernando Pintos.
Un dos organizadores, Alberto Arán, falou sobre a Xuntanza Cabalar das Caselas en Radio Xallas. Un evento que comezou sendo un encontro de amigos e foi crecendo co paso dos anos.

