Cunha potencial total de 280 KW.
Dúas gandarías e dúas fábricas do concello de Mazaricos e Santa Comba xa teñen instaladas plantas fotovoltaicas da man da empresa E.nova Enerxía.
SAT Vila Alborés
Unha delas é a SAT Vila Alborés, orientada a explotación de leite e que conta cunha instalación de 80 KW.
Segundo explican desde E.nova Enerxía “A explotación da planta instalada é en réxime PPA On-site. Nesta fórmula, consistente nun contrato de compra-venda polo cal o cliente cede a súa cuberta ou un terreo e o provedor de enerxía renovábel encárgase do investimento e da instalación da planta solar no espazo cedido, a factura establécese a un prezo fixo e vantaxoso por KWh. Ademais, transcorrido unha serie de anos determinados no contrato, a instalación fotovoltaica pasará ser propiedade do cliente, neste caso, Vila Alborés”.
Cooperativa Grille, Piensos Alborés e Novo Campo Plantenes
Tamén a Cooperativa Grille ampliou as súas instalacións ata chegar a mesma potencia.
No mesmo concello de Mazaricos, a fábrica Piensos Alborés conta cunha planta de 40KW en venda directa “de xeito que esta produtora de pensos amortiza o custe da instalación a través do aforro acadado da produción da planta”.
Por último, Novo Campo Plantenes, de Santa Comba, que se adica a produción de sementeiros e recipientes terreiros para toda clase de cultivos, dispón dunha potencia nominal de 80KW.
FOTO PORTADA- COOPERATIVA GRILLE