14.2 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Informe de viabilidade para o proxecto eólico “A Lagoa I”

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade, e Cambio Climático da Xunta de Galicia considera “ambientalmente viable” o proxecto do parque eólico Lagoa I, aínda que inclúe varios condicionantes na declaración de impacto ambiental que está a exposición desde este mércores.

A empresa Viruleiros promove a instalación de catro aeroxeradores dunha potencia conxunta de 16 megavatios, xunto con toda a infraestrutura engadida de da torre meteorolóxica, planta colectora, tubaxes, liñas soterradas e os vieiros de acceso. Afectará ós concellos de Santa Comba e Zas.

Serán tres máquinas de máximo 4 MW e 1 de 4,2 MW. De altura de buxa 115m e diámetro de rotor 170m.

Houbo diferentes informes que se referían a afección ou a presenza dos aeroxeradores en zonas con especies de flora e fauna sensibles ou incluso preto de ríos.

O Instituto de Estudios do Territorio sinalaba que “o proxecto producirá impactos paisaxísticos debidos á introdución de obxectos alleos ao carácter da paisaxe, que afectan a elementos de valor paisaxístico e ás panorámicas dende os diversos puntos de observación da contorna”.

Tamén está en exposición pública o proxecto eólico Varilongo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos