13.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Consideran que a sentenza do proxecto eólico “Campelo” é “un fito relevante na historia”

No día mundial do Medio Ambiente, a asociación ADEGA, a Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica e plataformas como Non Máis Eólicos Campelo-Bustelo-Monte Toural, A Montaña plántase, Eólicos nos Ancares Non, Alarma Terra de Montes, Asociación Vento Libre e Asociación Fonte Seca, puxeron en valor a sentenza do TSXG que afecta ao proxecto Campelo impulsado por Greenalia.


Para estas entidades “esta sentenza marca un fito relevante na historia do desenvolvemento eólico na Galiza, poisé a primeira vez que se consegue que recaia unha resolución xudicial anulatoria da autorizacións dun proxecto eólico sen que se teña producido unha agresión ao medio ambiente”.

«Un mesmo polígono eólico»


Insisten que Campelo, Bustelo e Monte Toural forman “un mesmo polígono eólico”, que pretendía arrasar unha especie endémica como a “Centaurea ultreiae”.


Destacan que o fallo do TSXG “ estima na súa totalidade os motivos de impugnación” e o precedente que senta que podería “ter un efecto positivo moi relevante nos recursos contencioso-administrativos que se presenten contra as novas autorizacións eólicas outorgadas pola Xunta de Galiza e que se impugnen no Tribunal Superior de Xustiza”.


Segundo informaron actualmente “Ti podes paralos!” xa ten en curso 8 campañas de recadación colectiva para poder enfrontar o recurso xudicial doutros tantos proxectos eólicos industriais aprobados, “ pero as previsións son que nas vindeiras semanas o número de campañas activas supere as 30 iniciativas de recadación co gallo de defender o territorio do impacto de máis de 200 macroaeroxeradores”.


Toda a información https://tipodesparalos.helpbysc.com/inicio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos