Esixen que se obrigue á mineira australiana a constituír un aval de como mínimo 5 millóns de euros para facer frente á restauración, peche e clausura da mina.
Ecoloxistas, parte co-demandada
Pivotal Metals presentará unha demanda no TSXG contra a Xunta de Galicia pola declaración de nulidade das concesións mineiras de Varilongo, segundo confirmaron desde Ecoloxistas en Acción, colectivo que se personará como co-demandada neste xuízo.
O obxectivo é “asegurar que o peche e clausura se realice con todas as garantías esixindo a empresa concesionaria a restauración integral da zona afectada”.
Que non pase como en Monte Neme
A entidade ecoloxista aclara que a Xunta non tivo “outra opción” que declarar a caducidade, “un acto que non é discrecional e debe adoptarse obrigatoriamente, baixo pena de responsabilidade, se se dan os presupostos previstos pola lei”.
Informan que o goberno galego “ aínda non facilitou a resolución de caducidade ais colectivos ecoloxistas e desconfían da decisión da Xunta, que podería deixar escapar á empresa mineira sen facerse cargo da restauración, como aconteceu en Monte Neme”.
Demandan á Xunta a que obrigue á empresa australiana a constituír un aval de como mínimo 5 millóns de euros para garantir a restauración, peche e clausura da mina en condicións de seguridade.