9.7 C
Santa Comba
lunes, mayo 19, 2025

Podemos afirma que Alfonso Rueda é “refén do lobby da caza”

Novas críticas contra a Xunta en relación a “Estratexia para a Conservación e Xestión do Lobo do Ministerio para a Transición Ecolóxica”. Despois das expresadas por ADEGA chegan as de Podemos.

O coordinador da formación morada en Galicia, Borja San Ramón, denuncia que se perderon 4,3 millóns de euros de fondos estatais por non asumir a citada estratexia.

Axudas autonómicas insuficientes

Lamenta que «Rueda sexa refén do lobby da caza, e antepoña as súas demandas ás necesidades da economía do rural».E sinala que «Fronte aos 4,3 millóns que dispón o Ministerio, a Xunta inviste 1,7, nunha partida orzamentaria que leva conxelada dende 2016 pese á suba dos prezos».

San Ramón lembrou que «dende o propio sector denuncian as axudas son insuficientes. Non abondan para dotar ás explotacións de mastins e non teñen en conta as diferenzas entre gandeiría extensiva e intensiva».

Considera que o dirixente popular «sacrifica os cartos que podería recibir Galicia para confrontar co Goberno do Estado.Na Xunta non queren a Estratexia do Lobo estatal, pero non propoñen ningunha alternativa. Non teñen proxecto propio para Galicia» .

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos