21.2 C
Santa Comba
jueves, mayo 8, 2025

Balseiros visita Forxabar, que recibiu máis de 160.000 euros en axudas para a transformación

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou as instalacións de Forxabar, da cooperativa Forraxes de Xallas e Barcala, con sede en Grille, no concello de Mazaricos.

Segundo a Xunta, Forxabar recibiu máis de 160.000 euros da liña de axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios. Na convocatoria de 2022 un total de 70.000 euros.

Balseiros informou que con cargo a esta convocaria concedéronse 81 achegas que superaron un total de 36 millóns e medio de euros (36,7m). O 33% beneficiou a empresas da provincia da Coruña sendo o sector lácteo o máis beneficiado en toda a comunidade con case a metade do orzamento, seguido polo cárnico (25%), a alimentación animal (9%) e outro sectores (mel, aceite, ovos, castañas, froitas, hortalizas, etc.).

Estas achegas teñen carácter plurianual para facilitar a execución de proxectos de gran investimento e cobren actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como a compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables.

Tamén serven para sufragar a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos.

O fin último destas achegas, indicou o director xeral, é crear novas industrias agroalimentarias ou mellorar as xa existentes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos