Distintas localidades galegas acolleron este pasado domingo actos de protesta “en contra da actual invasión eólica que ameaza o noso terrotitorio”.
Segundo ADEGA máis de 3.000 persoas participaron nas 19 mobilizacións convocadas pola coordinadora “Eólica Así Non”baixo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así Non. Temos alternativa”. A data escolliada foi precisamente o Día das Montañas.
Tamén houbo mobilización na nosa contorna con puntos de encontro en Coristanco, A Baña, Cee e Vimianzo. Imaxes- ADEGA