O salón de actos da Cooperativa Xallas acollerá o vindeiro mércores 7 de decembro, a partir das 11,30h, unha charla informativa sobre o denominado Cártel do Leite, organizada pola empresa de servizos xurídicos Eskariam, que lidera as reclamacións formuladas por este caso.
Ampliación de prazo
Segundo informan desde Eskariam na xuntanza ofrecerase estimacións de indemnización, e informarase sobre sentenzas recientes, o estado das reclamacións e tamén sobre a ampliación do prazo para poder reclamar.