13.1 C
Santa Comba
miércoles, marzo 13, 2024

Pronunciamento do Parlamento Europeo a favor da revisión do estatuto do lobo

O Parlamento Europeo pronunciouse o pasado xoves a favor dunha revisión do estatuto de protección estrita dos grandes carnívoros, en particular do lobo.

O acordo, que non é vinculante, saíu adiante con 306 votos afirmativos, 225 en contra e un total de 25 abstencións.

Pídese á comisión europea que “utilice os datos de vixilancia e, cando se alcanzou o estado de conservación desexado, adáptese o estatuto de protección das especies”.

O Parlamento Europeo propón que se estableza unha indemnización global pola perda de calquera animal de granxa provocada polos grandes carnívoros e que se modifique a normativa para que sexan abonadas como axuda de estado.Queren que se inclúan os ataques das especies híbridas.

A problemática do lobo, moi candente en comunidades como Galicia, chegará antes de que termine o ano á Convención de Berna.

As comunidades autonómas que concentran o 95% da poboación de lobos en España, entre elas Galicia, consideran este resolución un respaldo ás súas demandas para que se retire ao lobo do LESPRE e piden un cambio ao goberno español.

O debate está aberto. Dous exemplos.

Colectivos como a Asociación para a Conservación e Estudo do Lobo Ibérico(ASCEL) lembran que que a moción carece de valor executivo e non afecta as normas aprobadas.

En cambio a Fundación Artemisan solicitou ao executivo que preside Pedro Sánchez que escoite ao Parlamento Europeo e modifique o actual status do lobo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos