A Consellería do Medio Rural anuncia a toma de posesión provisional dos predios da concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña, no concello de Santa Comba.
A data para a toma de posesión é o 15 de decembro de 2022 e, no caso de que haxa colleitas pendentes de recoller nas parcelas antigas de labradío ou arborado que non estean clasificadas como monte alto, poderán ser retiradas antes do 15 de maio de 2023.
De 9.489 a 2.015 parcelas
Con este anuncio, ponse en coñecemento dos veciños afectados por esta reestruturación parcelaria que poden comezar a usar as novas fincas resultantes do proceso de reorganización. Dito proceso, que abrangue unha superficie de 1.515 hectáreas de 1.046 propietarios, permitiu pasar de 9.489 a 2.051 parcelas.
Esta concentración parcelaria permitiu cuadriplicar o tamaño das parcelas resultantes con respecto ás precedentes. Dende o seu inicio lévnse investido preto de 2,9 millóns de euros, dos cales, a meirande parte (máis de 2,2 millóns) se destinaron á execución da rede de camiños.
A partir da toma de posesión, os adxudicatarios van poder reclamar ante a Xefatura Territorial de Medio Rural na Coruña, no prazo de dous meses, no caso de que existan diferenzas superiores ás marxes de tolerancia admitidas entre a cabida real das novas parcelas e a que conste no expediente de concentración.
Foto- arquivo conselleiro Medio Rural- Nota Consellería