9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Semana Gandeira 2022 no concello de Mazaricos

O Concello de Mazaricos recupera a Semana Gandeira logo da paréntese de dous anos motivada pola pandemia. Esta nova edición chega con toda a vontade de recuperar ese tempo de demora e implicar a todo o sector e a veciñanza nun evento que reafirma a importancia de Mazaricos na gandería galega como primeiro produtor de leite do país e referente a nivel estatal pola calidade morfolóxica do gando. Novamente, a organización da Semana Gandeira corre a cargo do Concello de Mazaricos, Africor-Coruña e a Asociación Gandeiros de Mazaricos.


A poxa de gando será un ano máis o broche e punto álxido -e van catorce edicións- dunha Semana Gandeira que se achega cargada de novidades. A poxa xunta cada ano algúns dos mellores exemplares de Galicia, rexistrando prezos moi importantes e un grande volume de negocio. Este ano, calcúlase que serán unhas 25 vacas as poxadas. Dende a organización da Semana Gandeira salientan a enorme calidade dos animais á venda, o que anticipa, sumado aos dous anos de paréntese, cifras históricas para a poxa.


Este ano, a Semana Gandeira chega tamén ao mundo virtual coa organización dunha mesa redonda baixo o título “Situación actual e perspectivas de futuro do sector lácteo”. Ademais, e e co obxectivo de achegar as novas xeracións ao sector gandeiro, durante a semana produciranse visitas de escolares mazaricáns a granxas e industrias leiteiras de toda Galicia.


Xa o sábado 3 de decembro, terá lugar a exposición agraria e de servizos dende a mañá. Amenizará a xornada a “Gran Sesión Vermúuuuuu” e a actuación da recanteira Ara Nieto, que este ano conquistou o concurso Recantos do Luar, na Televisión de Galicia. Estará acompañada pola Orquestra Principal. As primeiras 1.000 consumicións para as persoas asistentes serán gratuítas.


Ao día seguinte terá lugar a tradicional poxa, que un ano máis servirá como homenaxe ao impulsor do evento, José Moreira. Durante a poxa sortearanse máis de 2.000 € en premios entre todas as persoas asistentes.
Fotografía e gastronomía


Esta edición conta con dúas importantes novidades, como son senllos concursos dirixidos a toda a veciñanza. O primeiro deles é un Concurso de Fotografía por Whatsapp sobre a temática A gandería de Mazaricos. As fotografías deben enviarse ao 696 330 966 antes do 28 de novembro. As persoas participantes poderán gañar ata tres ceas (para 6, 4 e 2 persoas respectivamente) na hostalaría local, ademais dunha cuarta para a fotografía máis votada en Facebook. Os premios poden intercambiarse por vales de compra no comercio local por un valor de 30 € por persoa.


O outro concurso será o de Postres Lácteos, incluíndo natillas, iogures, flan e outras especialidades elaboradas con leite como un dos ingredientes principais. Os premios serán, igualmente, tres ceas na hostalería local ou vales de comercio. A entrega de premios terá lugar o sábado 3 de decembro ás 16h no Recinto Feiral da Picota.

Nota de prensa do concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos