15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

“A xente que quere conectar coa terra en Villa Regina atopou o sitio”

A granxa- escola “Villa Regina”, localizada na parroquia de Bazar, é un punto de interese no mapa turístico da zona. Pero como teño sinalado noutras ocasións, é algo máis.

É o soño cumprido dunha muller que ama a terra. Acompañoume Regina Muñiz nun dos espazos que presento en Radio Xallas e contounos o “cambio de negocio” que fixo no seu día, deixando a súa granxa de vacas leiteiras por outras experiencias profesionais. Ata que debeu escoitar a voz fonda da terra e regresou.

Pero non é un conto de fadas. “Tes soños e ideas pero darlle forma non é fácil e non sempre é un camiño xeitoso” díxonos.

Apostou forte pola granxa escola Villa Regina e a cousa funciona. Non oculta que “emprender non e fácil e non hai apoios suficientes” pero está feliz nesta “estapa de aprendizaxe”.

Recibe moitas e variadas visitas que reforzan a súa idea. “Houbo visitas de todas as idades”. Nenos e maiores. Familias e grupos.

Villa Regina, para conectar coa terra

“A xente que quere conectar coa terra en Villa Regina atopouo sitio. Noto que a xente marcha contenta” comentounos a poeta xalleira que coas súas mans non só escribe estupendamente senón que tamén cultiva a horta traidicional, incoporando hortalizas novas e traballando un labirinto de millo de 18 ferrados, que é algo fundamental en Villa Regina.

O labirinto de millo é un espazo para xogos tradicionais, encontros coa poesía e a lectura pero tamén a “despensa” para alimentar a ampla familia de animaliños que habitan ese país de liberdade e aire limpo.

No falta a horta de herbas aromáticas e medicinais, un gozoso menú de sabores e olores. Unha experiencia para os sentidos.

“A nosa terra dá de todo pero hai traballar” explica Regina, sempre chea de enerxía e iniciativas. Ben sexa unha noite de contos de medo, unha esfolla ou a presentación dun libro.

Se queres escoitar a conversa completa. Neste enlace desde o minuto 70.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos