Sobre a Fervenza de Castriz comentaba José Manuel Vázquez en Radio Xallas:”Temos un motor dun utilitario e coidándoo poderiamos ter un motor dalgo máis grande”.
“Pode ser un Ferrari. Só fai falta que o creamos. É unha pena que iso non estea aproveitado. É un dos sitios máis visitados do concello. A xente queda encantada. Ten un potencial enorme”.
Respondía desde o outro lado do fío telefónico, Xosé Calvo Gómez, xerente do establecemento de turismo rural “Casa do Ghabino”, ubicado no lugar do Vento, na parroquia de Castriz.
Lembraba a existencia dun proxecto para a declaración da zona como ENIL (Espazo Natural de Interese Local), e a importancia que tería para toda a contorna esa figura de protección.
Calvo falou sobre ese enclave, e tamén sobre a tempada turística no espazo radiofónico que presenta José Manuel Vázquez, cada martes, ás 11,10 en Radio Xallas. Se queres escoitar a conversa a que facemos referencia nestas ligazóns (desde o minuto 68)