12 C
Santa Comba
viernes, enero 24, 2025

Vimianzo acolleu o evento «Alma Rural»

O Pazo de Trasariz de Vimianzo acolleu o evento “Alma Rural” organizado pola Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais.


O evento foi presentado pola xornalista María Cedrón. A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez encargouse de saudar a todas as persoas que participaron nun acto que contou con mesas de redondas e espazos adicados a “Mulleres que inspiran”, como é o caso da gandeira xalleira María Ramos (S.A.T. Os Agros).


O acto foi clausurado polo conselleiro do Medio Rural, José González que reinvidicou que “Galicia debe ser a capital do rural feminino”.


Para o conselleiro as mulleres “son as gardiás da terra” e a súa importancia ponse de manifesto porque -sinalou- “sen mulleres rurais non habería historia de Galicia”. Ao tempo, o conselleiro puxo en valor a muller rural como “loitadora, innovadora, formada, dinámica e emprendedora” e salientou ademais que “sostén o ceo cunha man, para cultivar a terra coa outra”. O seu papel, salientou, é o de “cultivar paisaxe, espírito, cultura, historia e traxectoria dunha comunidade que é profundamente rural e profundamente feminina”, remarcou.


Lembrou que o número de mulleres titulares de explotacións agrogandeiras na nosa comunidade supera o 50 %, moi por riba do 22,6% da media estatal.
A Xunta de Galicia tamén estivo representada pola ecretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e pola Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos