13.4 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Homenaxeando ás Mulleres Rurais en Mazaricos

A asociación “Mulleres de Seu” e a cooperativa CLUN organizaron un acto na localidade da Picota – Mazaricos para conmemorar o “Día Internacional da Muller Rural”. Houbo unha mesa redonda sobre “ Mulleres rurais, raíces e futuro da nosa terra”.

O acto contou coa participación do alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, que puxo en valor o traballo das mulleres rurais e moi especialmente das mazaricás por un medio rural vivo en todos os ámbitos, agradecendo a súa contribución impagable e moitas iniciativas no municipio.

Asistiu Susana López Abella

Tamén contouse coa presenza da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, que asegurou que tanto o recentemente aprobado VIII Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2022-2027 como a nova Lei de Igualdade na que está a traballar o Goberno galego porán en valor as necesidades da muller rural e a súa contribución ao crecemento de Galicia.

Sinalou que este plan extratéxico inclúe así un epígrafe específico de Mulleres no Rural, “polo peso e importancia que ten o medio rural nunha comunidade como a galega, na que o lugar de residencia non pode constituír, en ningún caso, un factor máis de discriminación e desigualdade a sumar á realidade das mulleres”.

López Abella destacou a aposta pola creación de emprego e o emprendemento feminino e a iniciativa dos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, cun polo operativo en Coristanco. Asistiu ao evento a secretaria xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, María Luisa Boquete.


O protagonismo das mulleres rurais


Pola súa parte, a presidenta de Mulleres de Seu reivindicou o protagonismo das mulleres rurais.


“A actividade gandeira e a produción láctea, ademais de xerar actividade económica, emprego e fixar poboación, forma parte da identidade deste Concello e xera un sentimento colectivo de identificación, polo que esta manifestación artística pareceunos unha boa maneira de saír á rúa e estar presentes en Mazaricos” manifestou Carmen Rodríguez.

Tamén se inaugurou un mural xigante elaborado por Mon Devane e ubicada diante da Casa da Cultura da Picota. Este mural de nove metros de altura foi iniciativa da marca Feiraco.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos