12.3 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

Exposición do parque eólico Soesto e alegacións contra o Alvite II

A Xunta de Galicia acaba de someter a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, así como do estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico do parque eólico Soesto.

O parque Soesto, proxectado por EDP Renovables, afecta os municipios de Laxe e Vimianzo. Instalaríanse dous aeroxeradores de 6 mw de potencia nominal unitaria, cunha altura de buxe de 112,5 metros e un diámetro de rotor de 155 metros. E tamén unha torre meteorolóxica de 122,5 metros.

Parque eólico Alvite II

Desde o concello de Santa Comba, nun comunicado de prensa, informan da presentación de alegacións contra o parque eólico Alvite II que afecta tamén os municipios de Negreira e Mazaricos

Desde o consistorio xalleiro engaden:”As completas alegacións presentadas polo consistorio xalleiro aluden, entre outras cousas, ós inclumplimentos da Lei de Solo de Galicia; á afectación económica e hidrográfica polas afectacións a mananciais de consumo humano e animal; ós incumplimentos da normativa europeoa de conservación de hábitats naturais e de fauna e flora silvestre; e fai fincapé do éxodo rural de poboación, pola perda de valor agrario e gandeiro do entorno do lugar de Barbeira en Santa Comba e dos lugares proximos de Negreira e Mazaricos”.

Non descartan recorrer á vía xudicial. Na foto veciños de Barbeira coa alcaldesa de Santa Comba.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,838SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos