7.6 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

Alfonso Rueda, en Santa Comba: “Se se sigue traballando como ata o de agora volveremos ser o partido do rural tamén nas vindeiras eleccións municipais”

A explotación S.A.T. Os Agros de Albarín-Alón acolleu un acto do Partido Popular sobre o medio rural.

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, falou na clausura onde reivindicou o futuro do rural galego e ao PPdeG como o seu partido: «Temos a confianza e sabemos que se se sigue traballando como ata o de agora volveremos ser o partido do rural tamén nas vindeiras eleccións municipais”.

Neste senso Rueda afirmou: “O noso deber é a cada persoa que queira emprender, sexa mozo ou non, conte con facilidades, axudas e non teña trabas”.

No peche estivo acompañado polo presidente do PP da provincia da Coruña, Diego Calvo, o coordinador de Medio Rural do Partido Popular de Galicia, Avelino Souto, e pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose.

O acto contou con varias mesas de debate despois da inauguración por conta da secretaria xeral dos PPdeG, Paula Prado, e de José González, conselleiro de Medio Rural.

Sobre o aproveitamento forestal e reestruturación territorial falou o gandeiro Luis Lamas e a enxeñeira agrícola Tania Blanco coa moderación da integrante da Comisión de Medio Rural do PPdeG Inés Sante.

Na segunda mesa, adicada á política rural,participaron o tenente de alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García —propietario dunha empresa de patacas—, e a alcaldesa Vilariño de Conso, Melisa Macía —xerente dunha empresa de arandos. Moderou o portavoz do PP en Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Dávila.

Houbo unha terceira mesa sobre iniciativas de novos emprendedoresmoderada pola candidata do PP á Alcaldía de Lugo e presidenta provincial, Elena Candia, participaron Xabier Paz e María Ramos —gandeira e propietaria da SAT Os Agros— e Álvaro Pérez —gandeiro dunha explotación robotizada—.

Alfonso Rueda visitou as instalacións da granxa xalleira. O acto contou coa presenza de diferentes membros do partido, como o deputado autonómico e portavoz do PP de Carballo, Rubén Lorenzo Gómez ou o deputado estatal, Jaime de Olano.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos