13.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

UUAA critica a Lei de Protección Animal impulsada “dende sectores animalistas fortemente ideoloxizados“

UUAA. Unións Agrarias alerta dos aspectos lesivos do “Proyecto de Ley de Protección de los derechos y bienestar de los animales e pide que se atendan as demandas “da comunidade científica, asociacións de veterinarios, e o propio informe da Comisión Nacional de Mercados y Competencia que advirte de distintos aspectos que atentarían contra a normativa europea neste eido”.

Chamamento á cordura

Informan que a súa organización matriz, a UPA, vai a manter reunións cos grupos parlamentarios antes do inicio do trámite de enmendas xa que “ a nova norma debe ser revisada para conxugar a necesaria protección e o benestar animal co mantemento de usos tradicionais como o pastoreo, a protección de rabaños e explotacións contra depredadores ou a caza. E fai un chamamento «á cordura e á responsabilidade para que este afán excesivo de velar pola protección dos animais non supoña un novo pau na roda para o sector produtor e a poboación rural».

UUAA opina que este proxecto do goberno está promovido “dende sectores animalistas fortemente ideoloxizados e alleos á realidade do rural”

Impacto negativo no rural

E considera que “debido á súa concepción errónea de base resultará contraproducente para a protección dos animais de compaña e a biodiversidade e impactará moi negativamente nos dereitos e forma de vida de distintos colectivos rurais, que empregan os cans como elementos de soporte ao seu traballo en tarefas como o pastoreo, a protección contra depredadores coma o lobo ou a caza”

Tamén aluden ás familias “que viven da comercialización de mascotas e animais de compaña que viñan desenvolvendo a súa actividade con plenas garantías e conforme á legalidade e á normativa vixente, ás que o novo proxecto de lei deixará sen forma de vida”.

«Dereitos dos animais»

Non concordan que se fale de “dereitos dos animais” xa que “ non teñen responsabilidade sobre os seus actos e non se lles pode xulgar, multar, ou sentar nun banquillo. E é por esa incapacidade para ter responsabilidades que non poden ser suxeitos de dereitos”

Aseguran que este proxecto ten “disposicións disparatadas”. E poñen coma exemplo “a obriga de castrar a todos os cans e gatos dun sexo cando se teñen convivindo machos e femias. De forma que só poidan criar estes animais empresas ou profesionais rexistrados”

Sobre os núcleos zoolóxicos a partir de cinco animais “como podería ser o caso dunha explotación na que haxa catro gatos para manter a raia aos roedores, e dous cans de garda” son “disparates urbanitas”.

“Tampouco parece moi axeitado propoñer un examen para ter ou coidar un animal de compaña, para o cal animalistas subvencionados examinarían a persoas do rural que levan decenios coidando e criando cans” engaden desde Unións Agrarias.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos