O presentador do Luar da TVG, Xosé Ramón Gayoso, ou como dixo na súa presentación José Manuel Vázquez “Huelvis” o “influencer máis grande de Galicia dos últimos corenta anos”, visitou Santa Comba o pasado domingo.
Foi o encargado da lectura do “Manifesto da Vaca”. Despois visitou os estudios de Radio Xallas, para participar no especial que se emitiu durante unhas tres horas.
Gayoso: «En Galicia podemos presumir de facer festas ao grande”.
Opinou sobre a Muuuuita Festa e sobre o ambiente:“Pareceume unha festa formidable. A xente de Santa Comba desde que puxen un pé nesta terra todo foron mostras de cariño, impresionante. A xente estaba feliz, encantada. En Galicia podemos presumir de facer festas ao grande”.
Gayoso reiterou os importantes papeis que desenvolveron históricamente as vacas como “de calefacción, de tractor, do abono, coa súa pel, o leite ou a carne”.Ten claro que “A vaca é a ama de cría da humanidade, un símbolo para esta terra”.
E referiuse a súa intervención no Campo da Feira:”Foi volver a vista á infancia, a ese lugar marabilloso, e lembrar aquela Marela e aquelas vacas na Santa Comba de Nadela en Lugo, onde me criei. Desde o corazon da miña infancia de neno”.
Destacou ademais o traballo do sector gandeiro “un referente en Europa e o mundo”.