10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Ecoloxistas denuncian tentativas de intimidación por parte dunha empresa mineira

Verdegaia, Ecoloxistas en Acción e a Comunidade do Monte Veciñal de Grixoa de Esternande acusan a empresa Rafaella Resources, de exercer “unha tentativa de intimidación” coa presentación dunha denuncia  “por supostamente ter accedido a unha parcela que a mineira viña ocupando ilegalmente ata o mes pasado”.

Segundo explican estas entidades nun comunicado “a denuncia produciuse despois de que a Comunidade de Montes de Grixoa de Esternande, titular da parcela conforme o expediente de clasificación do monte veciñal, organizase unha intervención de plantación de carballos o pasado 19 de marzo xunto coas Brigadas Deseucaliptizadoras”.

Desde Ecoloxistas en Acción aclaran que non teñen relación coas Brigadas Deseucaliptizadoras pero a súa inclusión na denuncia “  evidencia como o obxectivo da mineira non é outro que tentar intimidar e coartar os movementos  ecoloxistas e veciñais que se opoñen ás ilegalidades da mineira”.

Manifestan que esta entidade “si foi responsable pola iniciación do expediente de expulsión da mineira do edificio que viña ocupando, e por iso foi igualmente denunciada”. Fan referencia as instalacións da Casa da Mina en Varilongo- Santa Comba

Enmarcan a denuncia nos «pleitos estratéxicos contra a participación pública» que teñen a “intención de intimidar e silenciar as críticas sumindo aos adversarios en batallas xudiciais”, neste caso ante as denuncias existentes en relación coas minas de Varilongo e San Finx.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos