17 C
Santa Comba
sábado, julio 2, 2022

Isabel Vilalba:”Seguimos sen ter ferramentas que protexan ao sector lácteo”

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego considera que se deben de establecer medidas de “apoio inmediato” e que faciliten a “liquidez nas granxas” pero tamén outras de carácter estrutural que posibiliten que haxa “un prezo estable” para os produtores de leite e que se “acceda a unha base territorial suficiente”.

En declaracións ao programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, Isabel Vilalba lembrou que “as competencias de agricultura e gandería son de Galicia” e denunciou que mentres o goberno central e a Xunta “tíranse balóns uns aos outros” non hai medidas concretas.

“Pasaron catro conselleiros e seguimos sen ter ferramentas que protexan ao sector, nin temos un foro forte do sector. Xa está ben. Non só basta con pedirlle a Madrid, que se desentende,  e os produtores quedan abandonados a súa sorte” manifestou.

Escoita a entrevista a Isabel Vilalba en Radio Xallas- Minuto 24

«Non podemos seguir perdendo superficie agraria útil»

Para Vilalba “non podemos seguir perdendo superficie agraria útil”. Tamén se referiu a situación de moitas concentracións parcelarias e demandou un “cambio de modelo” para que “haxa opcións áxiles para agrupar a terra”.

Desde o Sindicato Labrego Galego teñen claro que “as organizacións de produtores necesitan ferramentas legais para a negociación” e que “non poden ser só para as fotos, serán que ser reais”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
460SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos