14 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Piden ao goberno central que actúe para evitar o colapso do sector gandeiro

O conselleiro de Medio Rural, José González, participou nunha xuntanza con gandeiros na Casa da Cultura da Picota, no concello de Mazaricos e reiterou a súa petición ao executivo que preside Pedro Sánchez para que se reúna canto antes coa plataforma que convocou o paro para desbloquear esta situación, que pode facer que colapse a cadea agroalimentaria galega.

Habilitar corredores seguros e cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria

Tamén esixe que se cumpra a Lei da Cadea Alimentaria e exixe que se faga efectiva a prohibición de venda a perdas. González instou ao Ministerio de Agricultura s que se reúna inmediatamente coa distribución, coa industria e coa gandaría para, canto antes, acordar unha suba do prezo dos produtos que están percibindo os nosos gandeiros.

Desde a Xunta piden que se habiliten “corredores seguros” que permitan  a chegada de materias primas ás industrias de pensos, a chegada dos pensos ás explotacións gandeiras e a saída do leite das granxas, a saída de produtos lácteos das industrias e dos produtos cárnicos dos matadoiros. 

José González lembrou o paquete de medidas aprobado polo goberno galego como o compromiso de financiar o anticipo das axudas directas da PAC, que as explotacións cobran no mes de outubro de cada ano. Así, trasladou o conselleiro, o Goberno galego anticipará seis meses uns 200 millóns de euros de liquidez para os agricultores e gandeiros, subvencionando os xuros.

Doutra banda, contémplase a apertura de liñas de crédito de ata 20.000 euros para poder atender compras de circulante, por parte dos gandeiros, avaladas pola Xunta. Para esta operación, a Consellería do Medio Rural dispón dunha liña de avais para chegar ata os 25 millóns de euros de préstamos.

Peticións do alcalde de Mazaricos

Pola súa banda o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, informou dos contactos que mantivo nas últimas datas:“Buscamos durante todo este tempo solucións que permitan manter a recollida do leite, pero non se nos ofreceu ningunha viable”

Blanco Riveiro anunciou que Mazaricos  unirase a outros 24 concellos produtores de leite en Galicia para asinar unha carta que reclama ao Ministerio de Transporte “que sente a negociar co sector do transporte e desbloquee unha situación da que os nosos gandeiros son reféns”, sinalou. 

O alcalde e o conselleiro atenderon ás dúbidas das persoas asistentes, trasladando a disposición da Xunta e do Concello para trasladar as súas demandas e esixir diálogo de cara a unha solución negociada do conflito do transporte. Juan Blanco lembrou que en Mazaricos xa se desperdiciaron máis de 100.000 litros de leite a semana pasada e que “cada hora que pasa sen solución estase agravando a situación, con implicacións en todos os ámbitos”. 


 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos