O Conselleiro de Medio Rural, José González, participará este luns 21 de marzo nunha xuntanza con gandeiros afectados pola suspensión da recollida do leite “como consecuencia da paralización do transporte”.
Estará acompañado polo alcalde de Mazaricos, Juan Blanco. A reunión terá lugar na Casa da Cultura da Picota a partir das 11,30h.
Esta fin de semana José González reclamaba ao goberno central que asegurara tanto a chegada de alimentos ás explotacións gandeiras como a saída do leite das granxas e da carne dos matadoiros, non só pola súa repercusión económica, senón pola supervivencia e o benestar dos animais. “En Galicia está tendo moita incidencia este paro” manifestaba.