13.4 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Plantación de carballos en Grixoa de Esternande con poesía e vertente reivindicativa

-C. Mourín-

Tal e como avanzamos neste diario, este sábado 19 de marzo levou a cabo unha plantación de varios centos de  carballos, froito da iniciativa das brigadas deseucaliptizadoras coordinadas polo colectivo ecoloxista Verdegaia coa colaboración da comunidade de montes de Grixoa de  Esternande.

A plantación tivo tamén unha vertente reivindicativa, coincidindo co vinte aniversario das protestas veciñais que tiveron lugar na zona da casa da mina de  Varilongo.Reviviuse unha imaxe fotográfica daquelas datas  inmortalizada por Álvaro Ballesteros en La Voz de Galicia.

Á marxe da plantación de carballos e  castiñeiros na “ Carballeira das Casas  Vellas”, tamén houbo un xantar  veciñal que tivo como broche a intervención do poeta xalleiro Manuel Durán Gómez que recitou unha copla dedicada a esta iniciativa dos veciños da parroquia e  Verdegaia.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos