13 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Convenio pioneiro en Mazaricos. Juan Blanco:”É unha mostra doutra maneira de xestionar a enerxía eólica”

Un total de 18 entidades veciñais, sociais e de montes de Mazaricos chegaron a un acordo coa empresa Eurus-Desarrollo Renovables, promotora do parque eólico A Ruña, polo cal a empresa asumirá durante un período de 30 anos gastos de funcionamento e posta en marcha de actividades das diversas entidades. En total, as entidades recibirán 72.000 euros anuais durante 30 anos, sumando un investimento total de 2,2 millóns de euros por parte da empresa, vinculado á instalación dunha ducia de aeroxeradores en Arcos, Beba, Coiro e Colúns. 

Este acordo, pioneiro en Galicia, supón o primeiro recoñecemento das comunidades veciñais como actores de pleno dereito no proceso de produción da enerxía eólica. O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, salienta que o acordo promove “a simbiose” entre empresas, veciñanza e institución local e marca un “precedente que deberían seguir outras administracións”. O convenio “é unha mostra doutra maneira de xestionar a enerxía eólica que respecta e ten en conta os intereses da veciñanza”, engadiu o rexedor.

O alcalde agradece a implicación das partes

O alcalde agradeceu a implicación de tódalas partes na procura dun acordo satisfactorio e lembrou que tamén o Concello de Mazaricos como institución terá acceso a unha nova fonte de financiamento grazas á taxa do 4% que marca o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) municipal. O proxecto de Eurus achegará 1,2 millóns de euros neste concepto nun primeiro momento e outros 180.000 anuais por actividades económicas e imposto de bens inmobles. 

“É destacable o que supón este importe para un concello co volume de orzamento de Mazaricos, e como nos permitirá seguir medrando en investimento público e gañando en autonomía financeira”, sinalou Blanco. De feito, o alcalde asegura que “se este acordo por megavatio, sumado ao canon eólico da Xunta, se tivera asinado no seu momento para cada un dos parques eólicos actualmente existentes en Mazaricos, seriamos un concello cunha autonomía financeira moi importante, o que nos permitiría ser autosuficientes en moitos aspectos respecto a outras administracións, gañando en capacidade de resposta ás necesidades da veciñanza”. 

Un precedente para a explotación eólica responsable

Juan Blanco cre que este acordo marcará un fito na historia do sector eólico en Galicia ao pór en valor a responsabilidade social das empresas e a consideración dos intereses veciñais. O rexedor comparou este proxecto co do parque eólico A Picota, sinalando que “son coma o día e a noite”. Para o alcalde, “no caso do parque da Ruña a explotación eólica vai ligada ao investimento na zona, evitando o impacto sobre zonas habitadas e actividades económicas previas”.

Sen embargo, o proxectado parque da Picota afecta “a diversos núcleos poboacionais, ao Camiño de Santiago -que é un dos principais motores do turismo en Mazaricos- e a terreos produtivos nun concello coma o noso que vive da gandería”. 

Para o alcalde de Mazaricos, xa que logo, o acordo entre as comunidades veciñais e Eurus Desarrollos Renovables é un exemplo de que “en Mazaricos estamos dispostos a chegar acordos e poñer en valor o potencial produtivo do noso monte, sempre que se respecten os intereses da veciñanza” rematou.

Nota de prensa- Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos