A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, emitiu un informe desfavorable con respecto ó proxecto do parque eólico de Portochán, promovido por Green Capital e que se tramita a nivel estatal.
Fontes da plataforma veciñal creada contra este proxecto, expresaron a súa satisfacción polo informe desfavorable. “A loita dos veciños deu os seus froitos” apuntaba unha das persoas implicadas neste colectivo.
O Parque eólico Monte de Portochán tiña prevista a instalación de once aeroxeradores cunha potencia nominal de 66 mw.O pasado 4 de decembro tivo lugar en Santa Comba unha manifestación contra este e outros proxectos que afectan á zona. Neste caso concreto con incidencia nas parroquias de Freixeiro, en Santa Comba, Malvares e Coucieiro, en Val do Dubra.