14.2 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

«A Poxa de Santa Comba é unha oportunidade para mostrar a calidade dos animais da comarca»

“A Poxa de Santa Comba é unha oportunidade para mostrar a calidade dos animais da comarca, porque somos unha zona punteira pero aínda somos capaces de mellorar”. Esta foi a reflexión que trasladou o presidente de Africor Coruña e gandeiro do concello da Baña, Fernando Suárez, nos micrófonos de Radio Xallas.

“As Poxas son necesarias e serve para promocionar un mercado interno entre as propias ganderías” sinalou Suárez, que amosou a satisfacción pola participación de granxas a pesar de que “fixemos a cousa apurada pola incidencia da Covid”.Destacou que “había interese por parte das explotacións en traer animais e que se fixera este evento”. 

XX Poxa de Gandro frisón Santa Comba – Noticia relacionada

Suárez Mouro tamén puxo en valor a “profesionalización” dun sector “que ten ganas” a pesar da problemática dos custes de produción. E desde Africor “estamos traballando na liña de ter unha xenética punteira”.

Agradeceu a colaboración do concello de Santa Comba e animou á xente, a acudir ao recinto feiral onde xunto coa Poxa de gando frisón haberá unha exposición de maquinaria agrícola.

Entrevista a Fernando Suárez – Desde o minuto 61

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos