O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) admitiu a trámite os recursos contencioso-administrativos interpostos pola asociación ecoloxista ADEGA e a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica contra a autorizacións dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural.Son tres proyectos promovidos por Greenalia que afectan ós concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia.
As entidades recorrentes agardan “poder anular as autorizacións outorgadas pola Xunta relativas aos tres proxectos e demostrar no TSXG que todos eles forman parte dun único macroproxecto industrial sometido a unha manobra de fragmentación fraudulenta (ou despezado en varios proxectos) para esquivar a adecuada avaliación ambiental dos efectos sinérxicos das tres instalacións sobre un mesmo territorio, ademais de conquerir a súa tramitación a través da Xunta de Galicia e non do Ministerio de Transición Ecolóxica”.
Denuncian que “a declaración destes tres parques como proxectos de interese especia outorgoulle á empresa da ex-conselleira Beatriz Mato prioridade na tramitación fronte a outros proxectos, malia que todos eles constitúen un importante impacto sobre o medio natural”.