13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

O PSOE reclama un novo plan sectorial eólico e máis interlocución cos concellos afectados

O deputado socialista Martín Seco lamentou hoxe o voto en contra do PP á proposta do PSdeG, medinate unha proposición non de lei, para instar á Xunta á elaboración dun novo plan sectorial eólico pactado cos sectores e concellos afectados. 

Os socialistas critican a “excesiva proliferación” de parques nos concellos de Negreira, A Baña e Outes “onde están en tramitación preto de 20 iniciativas eólicas”.

Martín Seco puxo como exemplo o concello de Negreira que  quedaría “encapsulado por infraestrutura eléctrica” . Deixou claro que  “o noso grupo non está en contra da implantación de enerxía eólica”, pero incidiu en que “debe facerse con orde e consenso”. Así, amosouse convencido de que “algún dos proxectos propostos é viable coas correccións oportunas” mais “non se pode converter a concellos e comarcas enteiras en zonas de sacrificio industrial”. 

Denunciou o fraccionamento “descarado” dos parques ou o feito de que o mundo rural “está a soportar en exclusiva os custos ambientais e patrimoniais deste sector enerxético”.

Desde Negreira pide interlocución cos concellos

Tamén demandan máis información ós concellos:”Dende o Grupo Socialista estamos preocupados pola falta de comunicación e información que dá a Xunta aos municipios afectados pola instalación de parques eólicos”. 

Logo dunha xuntanza co alcalde e Negreira, Ángel Leis, o deputado advertiu de que a Xunta de Galicia leva máis de dous meses dando a calada por resposta á petición de reunión cursada polos alcaldes deste municipio e os de Outes, A Baña, Mazaricos e Santa Comba, de diferentes partidos políticos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos