O recinto feiral de Santa Comba acollerá o vindeiro domingo 6 de marzo unha nova edición da tradicional Poxa de gando frisón organizada por Africor Coruña. Será a vixésima edición neste concello.
Segundo a asociación provincial de control leiteiro ese mesmo mes de marzo haberá outra dúas poxas. O 13 de marzo no recinto feiral de Mesón do Vento(Ordes) e dúas semanas despois unha nova actividades en Boimorto, no marco da feira MAGRECO (27 de marzo).
A última poxa celebrada en Santa Comba tivo lugar en marzo de 2019, cun volume de vendas de 31.150 euros e doce animais participantes. Tres delas acadaron os 3.000 euros. Entre elas a vaca “Carolinada”, da foto, da gandería Cunordam de Zas e que foi adquirida por Ganadería O Rubio S.C.