9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Xosé Abelenda:”Queremos saber o que está a pasar tanto en Varilongo como na Braña da Serra”

O portavoz da Plataforma BerXallas expresou a súa preocupación polos proxectos mineiros que afectan á zona.”Queremos saber o que está a pasar tanto en Varilongo como na Braña da Serra. E a que se debe esta falta de información” declarou Xosé Abelenda no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Indicou que “hai varias denuncias e mesmo está actuando a Fiscalía polo tema da contaminación.As últimas analíticas indicaban que había 300 veces máis  cadmio do permitido na auga que sae das galería e que vai ao río Xallas”.

«Pedimos que os concellos de Santa Comba e Coristanco se posicionen»

Ante esta situación e despois de preguntas feitas nos concellos de Santa Comba e Coristanco e no Parlamento de Galicia piden aclaracións:”Fixéronse preguntas pero non hai respostas. Pedimos que os concellos de Santa Comba e Coristanco se posicionen; Teñen que moverse”.

Abelenda opina que “o concello de Santa Comba debería celebrar un pleno extraordinario para tratar sobre este tema”. No último pleno o concelleiro non adscrito José Antonio Ucha Velo interesouse por esta cuestión.

Queixas veciñais

“Se o proxecto de Varilongo vai adiante o da Braña da Serra non tardará” sostén o portavoz da plataforma que advirte que “a minaría a ceo aberto sería un desastre monumental”.

Asegurou na sintonía da radio pública de Santa Comba que “a día de hoxe xa hai queixas veciñais, a xente quéixase de ruídos polas sondaxes”.Desde BerXallas preguntan polos postos de traballo, os verquidos incontrolados e polo uso de instalacións municipais por parte dunha empresa privada. E non descartan mobilizacións.

Pode escoitarse a entrevista a partir do minuto 32 deste audio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos