5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Sábado de manifestación contra os proxectos eólicos en Santa Comba

Santa Comba acolleu unha manifestación para expresar o rexeitamento aos parques eólicos tal e como están expostos. 

A comitiva saíu das inmediacións do concello xalleiro, cruzando a avenida Alfonso Molina para bordear a rotonda e a través da rúa Miraflores deterse na Casa da Cultura, onde a moza Eva Antelo Mata leu o manifesto, que recolle as principais demandas dos colectivos que están promovendo alegacións e protestas contra distintos parque. «Iso vai a significar a destrución do rural. Somos zona de sacrificio».

Tamén interveu Xosé Manuel Vila, veciño de Freixeiro e Ramón Antelo, veciño de Castriz e membro da entidade convocante, a plataforma  Non + Eólicos Bustelo, Campelo e Monte Toural. Vila Liñares manifestou que «estamos defendendo o noso patrimonio e a nosa dignidade e temos que estar vixiantes». Os dous agradeceron os apoios recibidos.

Entre os asistentes estaban os deputados do BNG, Iria Carreira e Daniel Pérez, a alcaldesa de Santa Comba, María Pose,  e os rexedores de Val do Dubra, e A Baña, así como o portavoz nacional de  Anova, Antón Sánchez, e edís de distintos municipios.O ambiente reivindicativo mesturouse co da feira xalleira, nunha xornada no que a ameaza de choiva non se concretou durante a mobilización.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos