15.2 C
Santa Comba
domingo, julio 3, 2022

Chamamento á participación na manifestación deste sábado en Santa Comba

A plataforma Non + Eólicos Campelo, Bustelo e Monte Toural promove unha manifestación este sábado 4 de decembro baixo o lema “A perda da terra non é renovable”. Arrancará das inmediacións da Casa do Concello de Santa Comba(11,30)para rematar coa lectura dun manifesto diante da Casa da Cultura xalleira.

Desde os micrófonos de Radio Xallas,Ramón Antelo, veciño de Castriz e membro da plataforma Non + Eólicos Campelo-Bustelo e Monte Toural e Rober Vilela, da plataforma Quijote de Outes e da asociación Fonte Seca fixeron un chamamento á participación nesta mobilización.

“Queremos que haxa  unión e ir onde sexa para dicir quehai que cambiar o sistema, e que non se pode pisar o rural” explicou Ramón Antelo. Pola súa banda, Rober Vilela afirmou que os movementos que se están desenvolvendo en lugares como Freixeiro ou A Baña “son un chute de adrenalina”. Animou a acudir á mobilización porque “hai que saír ás rúas e mediatizar este problema e protexer o que temos”

Escoita a entrevista a Ramón Antelo e Rober Vilela neste audio- Desde o minuto 25

Esta mesma semana, un grupo de veciños de Freixeiro(Santa Comba) e Coucieiro(Val do Dubra) tamén apelaron ao respaldo dos veciños desde a mesma emisora.

E fai unha semana a corporación municipal do concello de Santa Comba aprobaba por unanimidade unha declaración e unha moción relacionada coa problemática eólica, pedindo a paralizacións dos proxectos e que se promova un novo marco normativo.

Entrevista Freixeiro – Coucieiro – Desde o minuto 71

Apoian esta convocatoria os seguintes colectivos e entidades: A.C. de Veciños “A Fonte Salgueira” de Entrecruces, BerXallas, Veciñanza de Freixeiro, Coucieiro e Malvares, Salvemos a comarca de Ordes, Quijote de Outes, Coordinadora Bergantiñá polo Defensa da Terra, Petón do Lobo, Fonte Seca, APEOM, A.C. Larada(Val do Dubra), Contramínate, Cova Crea, Ecoloxistas en Acción- Coruña Sur, O Ouriol do Anllóns, Plataforma en Defensa do Monte “As Salgueiras”, SOS Encrobas, Afectados parque Lagoa Cícere-Grixoa e veciñanza de Grixoa de Esternande.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
461SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos