6.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Confían en frear o proxecto de Portochán pero piden mobilización porque “isto non fixo máis que empezar”

Veciños de Freixeiro (Santa Comba) e de Coucieiro(Val do Dubra) interviron este mércores no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas. Fixeron un chamamento para que se participe na manifestación que se celebrará este sábado en Santa Comba (11,30 Casa do Concello) e agradeceron os apoios recibidos.

Xosé Manuel Vila, José Manuel Parajó García, Ángel Ares, Ángel Blanco Vila, Miguel e José Manuel Nieto falaron na emisora municipal.

Entrevista a partir do minuto 71

Xosé Manuel Vila, confesou decatarse por Adiante Galicia deste proxecto e iniciou os movementos, partillando información e recollendo alegacións por aldeas.”Falamos du problema colectivo abordado de maneira individual e son cousas que afectan a todos”.

Vila confía en pode frear este proxecto tramitado a nivel estatal pero advertiu que poderase reformular e volver a presentar a nivel autonómico:”Isto non fixo máis que empezar”.

Ángel Ares tamén confía en “tumbar” o actual proxecto, e José Manuel Parajó lamentou a “agresividade” das grandes empresas eólicas e espera que a manifestación sirva para “dar un toque de atención”.“Hai outra maneira de facer as cousas. Hai que falar con toda a xente dos lugares non só con catro persoas” dixo Ángel Blanco. Unha falta de diálogo  que botou en falta Miguel Nieto, que coma os demáis, destaca a afección destes parques. “Mani” Nieto incidiu na falta de información:”Nós somos de aquí. Vós vides a ocupar o noso terreo. Temos que ser respectados”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos