9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Santa Comba oponse ós proxectos eólicos que “non benefician ao rural dunha maneira xusta”

A corporación municipal de Santa Comba aprobou unha declaración institucional “a prol desenvolvemento sustentable e xusto da enerxía eólica nos territorios locais” e unha moción de apoio ós veciños de Freixeiro contra o proxecto eólico de Portochán. Houbo unanimidade nas dúas iniciativas.

Declaración institucional

Na declaración, que expuxo a alcaldesa María Pose(PP) e que tamén foi aprobada noutros concellos, facíase referencia á fragmentación de proxectos, as distancias dos aeroxeradores das casas e tamén a que “non se beneficia ao rural dunha maneira xusta”, polo que se pide a paralización dos mesmos ata que se realice “unha modificación do actual marco normativo”. En Santa Comba hai varias parroquias afectadas como Castriz, Freixeiro ou Grixoa.

Carlos Turnes(PSOE) falou da situación de “indefensión dos veciños ante a administración e as grandes empresas” e apoiou a idea de pelexar “para que os veciños teñan máis poder de negociación”.

Algo no que coincidiu David Barbeira(Compromiso), partidario de “axudar ós veciños” ante un panorama de “estar rodeados con parques pegadas ás casas”.

Tanto a proximidade dos viraventos como as formas utilizadas polas empresas foron obxecto das críticas da concelleira  non adscrita Cristina Fajín. O concelleiro José Antonio Ucha falou na mesma liña denunciando que “hai unha asimetría nas negociacións porque ameazan coa expropiación”. 

Moción en apoio ós veciños de Freixeiro

A problemática eólica retornou a sesión pola moción presentada polos veciños de Freixeiro e respaldada por tódolos grupos. Neste caso foi Fajín Barreiro, veciña desta parroquia, a encargada da lectura.

A corporación xalleira apoia as demandas destes veciños afectados polo parque de Portochán (e tamén se fixo refrencia os de A Castiñeira e Monte Silvariño).“Hai 11 eólicas que pasan moi cerca das casas e os veciños non estamos de acordo” comentou Cristina Fajín.

A alcaldesa e portavoz do PP, María Pose, apelou a “unión” neste asunto e citou o “impacto sobre a poboación” deste proxecto, pedindo unha xestión responsable.

O vindeiro sábado 4 de decembro Santa Comba será o esceario dunha manifestación convocada pola plataforma Non + Eólicos Campelo, Bustelo, Monte Toural.

IMAXES DA SESIÓN PLENARIA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos