15.4 C
Santa Comba
sábado, noviembre 2, 2024

María Carmen Caramés:”A explosión do wolframio foi algo moi positivo para a comarca, sacou a moita xente da miseria”

A historia mineira de Varilongo volve a acadar protagonismo grazas ao libro “A Casa da Mina” da escritora xalleira María Carmen Caramés Gorgal que foi recentemente recoñecida co premio “Vicente Risco” de creación literaria e que próximamente será publicado.

“É unha obra ambientada en Santa Comba, en Randufe e na Mina de Varilongo.Un proxecto que tiña desde fai moito tempo. coñezo moitas anécdotas que me contaron os meus avós, miña nai, e xente de Randufe e San Salvador”.

Entrevista en Radio Xallas- A partir do minuto 69

«Meus avós traballaron na mina»

Todo isto xunto coa tarefa de investigación derivaron no relato.Caramés non o dubida:”Pareceume moi interesante todo ese periodo da Segunda Guerra Mundial e o que significou a Mina de Varilongo. Meus avós traballaron na mina e andiveron a roubacha e todas esas cousas”.

Historias de espionaxe nas cidades e “todo o que significou o wolframio para a parroquia”. Hai unha protagonista feminina, como sinala Caramés “é unha buscavidas, unha rapaza que naceu en Randufe que traballa na mina e que se relaciona cun empregado alemán”.Isto permítelle ter unha visión ampla de todo o que se coce, máis alá das terras xalleiras.

«Unha homenaxe a miña xente»

No fondo este traballo é “unha homenaxe a miña xente”. Familiares e veciños que lle axudaron a facer unha fotografía daquela época:”A explosión do wolframio foi algo moi positivo para a comarca, sacou a moita xente da miseria. Meus avós contabanme isto como unha época de traballo moi dura pero ao mesmo tempo alegre. E tamén unha maneira de saír do círculo da tribo e relacionarse con outra xente”.

A escritora agarda a publicación de “A Casa da Mina” e poder presentala en Santa Comba e incluso poder facer un roteiro por todos os lugares que se recollen neste relato de ficción pero que bebe na esencia da historia de Santa Comba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos