A plataforma Non + Eólicos Campelo, Bustelo e Monte Toural promove unha manifestación o vindeiro sábado 4 de decembro baixo o lema “A perda da terra non é renovable”. Arrancará das inmediacións da Casa do Concello de Santa Comba(11,30)para rematar coa lectura dun manifesto diante da Casa da Cultura xalleira.
Entidades adheridas
Apoian esta convocatoria os seguintes colectivos e entidades: A.C. de Veciños “A Fonte Salgueira” de Entrecruces, BerXallas, Veciñanza de Freixeiro, Coucieiro e Malvares, Salvemos a comarca de Ordes, Quijote de Outes, Coordinadora Bergantiñá polo Defensa da Terra, Petón do Lobo, Fonte Seca, APEOM, A.C. Larada(Val do Dubra), Contramínate, Cova Crea, Ecoloxistas en Acción- Coruña Sur, O Ouriol do Anllóns, Plataforma en Defensa do Monte “As Salgueiras”, SOS Encrobas, Afectados parque Lagoa Cícere-Grixoa e veciñanza de Grixoa de Esternande.