Veciños da parroquia de Freixeiro veñen de solicitar o apoio dos distintos grupos da corporación municipal de Santa Comba, ás alegacións que están presentando contra o parque eólico de Portochán.
Neste senso propoñen que se aprobe unha “moción de apoio aos veciños de Freixeiro” cos seguintes acordos:
Primeiro: que o Pleno do Concello de Santa Comba manifeste publicamente o seu apoio ás alegacións dos veciños afectados pola instalación do Parque Eólico de Portochán. Asi como a alegación do propio concello.
Segundo: atendendo a defensa dos intereses dos veciños e veciñas, o Pleno do concello de Santa Comba manifestase en contra da instalación do Parque Eólico de Portochán.
Terceiro: Que ditos acordos sexan transladados área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia neste periodo de alegacións, e a propia Xunta de Galicia.
Despois de ter recollidos centos de alegacións, agardan o apoio dos distintos representantes municipais na sesión que se celebrará o vindeiro venres 26 de novembro.