15.6 C
Santa Comba
domingo, julio 3, 2022

Juan Blanco:“ O Concello non vai permitir que se pase por riba dos nosos veciños”

FOTO- ARCHIVO

Mazaricos celebra a decisión do Tribunal Supremo de manter paralizada a construción do Parque Ruña II

O Concello de Mazaricos amosa a súa satisfacción ante a decisión do Tribunal Supremo, que vén de desestimar o recurso de casación presentado por Eurus Desarrollos Renovables contra o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que paralizaba a concesión da licenza administrativa para a construción do Parque Eólico Ruña II. Unha decisión, a do TSXG, tomada a petición do Concello e favorable para os intereses da veciñanza afectada polo proxecto.

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, asegura que a decisión do Tribunal Supremo é “excelente” e “o que esperabamos”. O rexedor engade que dende o Concello de Mazaricos vaise seguir traballando para frear esta clase de abusos por parte dos promotores eólicos. “Non imos permitir que ningunha empresa veña aquí con prepotencia, malos modos ou amedrentando aos veciños”, asevera o alcalde. 

Blanco reitera que Mazaricos non está “en contra da enerxía eólica”, senón “todo o contrario”, pero o Concello defenderá por riba de toda consideración os dereitos da veciñanza que se vexan conculcados. É por iso que dende o Concello están a impulsarse tamén alegacións ao proxecto de Parque Eólico A Picota, que se atopa xa en fase de exposición pública e que Juan Blanco define como “auténtico despropósito”.

“Imos movernos en todo momento procurando o benestar dos nosos veciños e asegurándonos de que non se producen abusos dende as empresas eólicas, nin ameazas para forzar ás persoas propietarias a desfacerse dos seus terreos a baixo prezo baixo ameaza de expropiación”, asegura o alcalde.  “Non imos permitir que se converta Mazaricos nunha 'colonia' na que se explote o territorio pisoteando aos seus habitantes e os seus dereitos, cargándonos de todos os custes ambientais e sen ningunha clase de compensación no municipio”, enfatiza. 

Esta decisión do Supremo vén apoiar a tese do Concello: a de que non se pode, coa lei de montes na man, emprazar o parque na ubicación prevista. A finais de 2020, o Concello e a Comunidade de Montes de Porrei, así como varios veciños a título invidual, solicitaron a paralización cautelar da licenza que Eurus estaba a tramitar. A ubicación prevista pola empresa era en terros de Arcos e Colúns, en zonas que, debido ao feito de ter sufrido incendios forestais nas últimas décadas, non podían ser destinadas ao aproveitamento eólico. 

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia debe decidir agora, durante o primeiro semestre de 2022, sobre a ubicación final dos terreos do parque eólico Ruña II.

nota de prensa do Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
461SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos