O secretario da asociación “Fonte Seca”, Roberto Vilela, fixo un chamamento á participación na manifestación que terá lugar o vindeiro domingo 24 de outubro en Negreira (Avda das Brañas, a partir das 11,30).
En declaracións ao programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, Vilela denunciou “o espolio do territorio” e o xeito “aberrante” de xestionar os proxectos eólicos por parte das administracións.
Escoita a entrevista a Roberto Vilela- Desde o minuto 33
“Non podemos ceder a chantaxe das eléctricas. As rúas teñen que ter un protagonismo importante” manifestou Vilela, engadindo que “estamos ante unha transición enerxética que se pode facer moito mellor e cunha lexislación axeitada”.
Desde Fonte Seca participaron na manifestación que se desenvolveu baixo o lema “eólicas sí, pero non así”. A pesares da importante participación non están tan contentos coa repercusión:”Medios como La Sexta dixeron que éramos 2.000 persoas”, lamenta.
Roberto Vilela avanzou que pretenden plantexar mocións para que se aproben nos concellos e ir conxuntamente cos alcaldes a trasladar a súa oposición a esta saturación de proxectos éolicos.