Néstor Rego explicou as iniciativas parlamentarias para o fechamento das oficinas do Instituto Social da Mariña en Corcubión:”Trasladamos ao Congreso a preocupación do sector pesqueiro e marisqueiro” manifestou o deputado, que ten claro que “o goberno español non entende ao sector. Seiscentos kilómetros terra adentro é difícil de entenderse a importancia deste sector”.Considera que “non é razoábel” eliminar un “servizo fundamental”.
“Galicia debería ter a enerxía máis barata”
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas tamén se referiu a problemática do subministro eléctrico, insistindo que a tarifa eléctrica galega que propón o BNG “é viable para Galicia, que é un país produtor e excedentario en enerxía”.
O parlamentario nacionalista considera que Galicia “debería ter a enerxía máis barata” xa que , ademais, “non é lóxico que paguemos o imposto de transporte”. Lembrou que Euskadi ten “unha tarifa específica”.
Audio coa entrevista a Néstor Rego
Espolio enerxético, peche de bancos
Rego expresou a preocupación do BNG polo “boom do espolio enerxético do noso país”, ao non estar “indo polo camiño correcto” en relación coa política eólica.
Outro asunto tratado foi o peche de oficinas de bancos no rural:”“As entidades bancarios maximizan beneficios reducindo servizos e iso non é xusto. Non se pode loitar contra o despoboamento quitando servizos”.
Criticou o executivo de Pedro Sánchez:”o goberno central ten a capacidade dunha regulación que evite este proceso”. Pero tamén lanzou un dardo contra o goberno autonómico:””A Xunta vai pagar a instalación de caixeiros mentras pechan sucursais bancarias”.
Sobre a protección do lobo, Rego comentou:”Non se pode ser insensíbel a situació que viven moitos gandeiros”, avogando por unha protección que sexa compatibel coa actividade agro-gandeira.Emprazou a administraticón estatal e á autonómica a “poñerse de acordo para buscar un equilibro”.