12.1 C
Santa Comba
lunes, octubre 7, 2024

Aperfasa dubida do acordo entre UUAA e Tecores:”Isto vai alongar o prazo de reclamación dos danos”

O presidente da asociación de perxudicados pola fauna salvaxe (APERFASA) valorou en Radio Xallas o acordo entre Unións Agrarias e varios tecores para pedir que a Xunta se faga cargo dos danos ocasionados polos xabarís.

“Ese acordo o final o que vai a conseguir é que a administración non vai a asumir os danos, polo tanto vai alongar o prazo de reclamación polos danos” declarou José Antonio Muíño, que aludiu ás declaracións nesta emisora de Francisco Chan:”Dixo que eles non se sentían representados pola Federación de Caza. Un pouco así pásanos a nós cos sindicatos”.

Muíño ten claro que “hai que tomar medidas para poder reclamar os danos” pero tamén lle chama a atención a postura de Unións Agrarias:”O sindicato hai catro días dicía que había que reclamar os danos pola vía xudicial e agora di que hai que chegar a acordos”.

Pensa que se os tecores non queren asumir os danos “teñen que devolver os dereitos á administración e pasarlle a responsabilidade, porque eles sabían fai tempo que tiñan esa responsabilidade”.

Controlar os danos do xabaril

Desde Aperfasa tamén poñen o acento noutro aspecto:”Non sei como se conceden dereitos cinexéticos sen ter un seguro para pagar eses danos e ter que chegar á vía xudicial. Nós non podemos estar asumindo os danos. Temos que reclamar e eles asinaron esa responsabilidade, que non o neguen”.

Desde esta entidade entenden que ten que haber “uns danos asumibles” pero “non esta magnitude”. Apostan por “ter máis ferramentas de control” e lembran a súa proposta de “xaulas-trampa de caza masiva”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos